Isto NON é O Son do Camiñonin falta que lle fai

Nin escenarios nin Badbunnis nin pulseiras VIP. Algo de música, vermú, cervexa, xogos e a vivir.

Non prometemos nada. Precisamente por iso adoita saír ben.
Sábado 8 de agosto
De 12 a 19 máis ou menos
Rúa do Campo, 27340 Bóveda (San Martiño)

Esto qué es lo que es

Festi de andar por casa

Tres gallinas en el campo de CampFest

CampFest é unha xuntanza de xente con espírito de festival, pero sen colas nin prezos absurdos.

Montaremos música, unha zona tranquila para falar, campionatos moi pouco profesionais de xadrez e Mortal Kombat, xogos populares e algo de picoteo (admítense achegas voluntarias, pero avisade para non acabar con 7 tortillas :)).

Quen queira poderá quedar a durmir en tenda, furgo, caravana ou, se o precisa, dentro da casa.

Qué hay y qué no hay

Sempre hai cousas

Piscolabis

Algo de cervexa, vermú e picoteo de gratix caerá. Se queres achegar algo, avisa para podermos organizalo (non é obrigatorio).

Xadrez sen árbitro

Partidas rápidas, eliminatorias flexibles e dereito universal a botarlle a culpa ao taboleiro. O campión Bruno agarda que alguén o faga esforzarse un pouco.

Mortal Kombat old school

Combates un contra un, mando compartido e honra en xogo.

Zona de noite

Espazo para tendas, furgos e caravanas. A casa queda para necesidades concretas.

MOLABA IR!

IMPORTANTE

DISCLAIMER, POLÍTICA DE COOKIES, AVISO LEGAL, PROTECCIÓN DE DATOS

Esto es una excusa que montamos para juntarnos y pasar el rato.

Si algo te molesta, incomoda o pica:

  1. Asegúrate de que non sexa unha ortiga (andan por todas partes).
  2. Avisa e apañámonos nun momento.